PUBLICIDADE
Sábado, 13 de marzo de 2010
Recomenda 'depurar' antes o voto emigrante
O BNG, a favor do voto inmigrante nas municipais

Redacción .  O portavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, trasladou hoxe o seu respaldo a que os inmigrantes poidan votar nas eleccións municipais, proposta que os socialistas estudarán esta fin de semana no seu congreso, pero recomendou que antes de que 'alguén pretenda pórse unha medalla democrática' se 'limpe' o referido ao voto da emigración.

Reloxo 03.07.2008 | 13:55

Carlos Aymerich nun pleno do Parlamento Carlos Aymerich nun pleno do Parlamento. Manuel Vilas Aymerich subliñou que espera que "cando os inmigrantes teñan dereito a voto, cousa que o BNG apoia" poidan facelo "en urna e con todas as garantías". Así, manifestou que confía en que a proposta non se trate "dun globo sonda máis". "Non vaia ser que alguén pretenda pórse unha medalla democrática sen ter limpado o moito que hai que limpar no sistema electoral español, sobre todo o que se refire á emigración", aseverou.

Críticas á directiva de retorno

No entanto, o portavoz nacionalista considerou que "estaría ben" que esa política "tan avanzada en materia de inmigración" se completase "cunha posición máis coherente coa defensa dos dereitos humanos". Neste sentido, comentou que a directiva "eufemisticamente chamada de retorno, que mais ben é de detención e expulsión, até de menores", apoiada polo PSOE, "viola os dereitos humanos". "Non se pode deportar menores non acompañados como propón a directiva. Iso viola a convención de dereitos do neno", sentenciou.

Por iso, aconsellou aos socialistas que "no canto de lanzar ese tipo de globos sonda, se están tan preocupados pola inmigración, garantan os dereitos dos inmigrantes". "Non sei se é moito pedirlle a ese partido", concluíu.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río