PUBLICIDADE
Domingo, 18 de maio de 2008
Fútbol sala
O Azkar Lugo comeza o play-off vencendo o Torrejón (1-3)

Redacción .  O Azkar Lugo tomou vantaxe na primeira eliminatoria do play-off polo título da Liga de Fútbol Sala. Os galegos gañaron en Torrejón por 1-3 e racharon unha mala xeira contra o Carnicer que duraba catro anos.

 06.05.2008 | 23:35

Xogada do Azkar
Xogada do Azkar

O Azkar Lugo pode superar o primeiro trago da eliminatoria polo título este mesmo sábado en Lugo, ás 18h00. Se volve gañarlle ao Carnicer Torrejón, ademais, recuperará optimismo de cara a futuros desafíos.

Os lucenses adiantáronse no marcador por medio de Werner. Co 0-1 chegouse ao descanso.

No segundo tempo Juanra empataba para os madrileños. Nese intre sufriu o equipo galego pero logrou repoñerse con habelencia. Unha excelente xogada de Marcelo aproveitouna Fernandinho para facer o 1-2. Foi Fernandinho quen fixo o 1-3 definitivo cun poderoso disparo desde o medio campo.
 

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil