Redacción . A maioría dos vascos, un 61 por cento, está en desacordo co pacto de investidura entre o PSE-EE e o PP, á vez que lle demanda ao PNV que exerza unha oposición construtiva, segundo as datos do Euskobarómetro, o estudo sociolóxico semestral que realiza a Universidade do País Vasco.
O director do Euskobarómetro, Francisco Llera, presentou en Bilbao os resultados desta enquisa, baseado en datos recollidos até o 5 de xuño. As principais preocupacións dos vascos seguen sendo, este semestre con maior diferenza, o paro e a crise económica, que "angustia" a seis de cada dez fogares vascos. O terrorismo mantén o terceiro lugar nesta lista de preocupacións. Á diferenza do ocorrido hai catro anos, hoxe son máis os vascos que expresan pouca ou ningunha confianza ante o novo Goberno socialista (65 por cento) que os que lle outorgan moita ou bastante (27 por cento). A desconfianza destaca entre os nacionalistas (86 por cento) e os votantes da anterior maioría (dende o 76 por cento de EB ao 100 por cento da esquerda abertzale), ademais dos abstencionistas (71 por cento) e, en menor medida do PP (46 por cento). Por outra banda, a maioría amósase entre escéptica (32 por cento) e pesimista (39 por cento) sobre as perspectivas do novo goberno respecto do anterior, sendo máis, en todo caso, os que agardan que sexa peor (39 por cento) que os que o prevén mellor (18 por cento). Só os votantes socialsitas destacan polo seu optimismo (61 por cento) e, en menor medida, os populares (51 por cento) e UpyD (33 por cento). Pacto entre socialistas e populares Unha maioría de case dous terzos da cidadanía di estar en desacordo (61 por cento) co pacto alcanzado entre socialistas e populares para dotar de estabilidade ao novo goberno monocolor presidido por Patxi López. Fronte a estes, só un de cada cinco amósase de acordo co mesmo (20 por cento). O desacordo maioritario destaca entre os nacionalistas (86 por cento) e os electorados da anterior maioría (dende o 75 por cento de EB ao 92 por cento de EA), ademais dos abstencionistas (60 por cento). O acordo, pola súa banda, destaca entre os non nacionalistas (33 por cento) e os electorados do PP (74 por cento), UpyD (78 por cento) e, en moita menor medida, os socialistas (43 por cento) e en contra (32 por cento), así como a dos non nacionalistas (33 por cento e 41 por cento, respectivamente).
Patxi López e Antonio Basagoiti
Descargar Tarifas