Eva Estévez . É un dos galegos que máis sabe de tabaco. Dirixe a Unidade de Tabaquismo da Facultade de Psicoloxía de Santiago, e é o autor do `Programa para deixar de fumar´ (Nova Galicia Edicións, 2007) que garante deixar o vicio. O tratamento está avalado por 30.000 ex fumadores que superaron o vicio. O manual vale 10 euros.
Leva 25 anos metido na Unidade de Tabaquismo. Non aburre? Fuma ou fumou algunha vez?
Elisardo Becoña. Otto/AGN
Hai 25 anos eramos moi optimistas, pensabamos que quedaríamos en pouco tempo sen fumadores. Neste tempo avanzamos bastante pero non conseguimos reducir drasticamente o número. Estamos preto do 30% da poboación, que segue a ser unha cifra alta.
Non se sente frustrado?
Non. Avanzamos a modiño. A Lei do Tabaco implicou un salto cualitativo e vai permitir que aparezan novas leis para que se prohiba o seu consumo en todos os espazos públicos.
Vostede vive dos malos vicios...
En certo modo.
O tabaco é unha droga?
Cientificamente as drogas sondrogas e carrexan consecuencias graves. A nicotina afecta a moitas máis persoas e ten moitos máis problemas ca outras substancias. Nestes momentos morren prematuramente unhas 50.000 persoas ao ano polo tabaco no Estado e delas unhas 3.400 en Galiza.
Nunca.
Pero está enganchado á loita contra o tabaquismo...
Pero coa idea de que hai enganches malos e enganches bos.
Por que elixiu esta vertente para investigar?
O motivo foi pragmático. Cando terminei a carreira pregunteime cal era o tema máis relevante que leva unha maior mortalidade evitábel e, curiosamente, hai 25 anos a primeira causa de morte evitábel era o tabaquismo. Hoxe seguimos igual.
No seu libro asegura que todo fumador pode deixar de fumar. Está tan seguro?
Totalmente. Outra cuestión é que se atreva. Hai persoas que teñen medo a deixalo.
En que consiste o tratamento?
Dicímoslles como teñen que deixar de fumar con estratexias para pór en práctica ao longo de 6 semanas; cando deixan de fumar seguimos ao longo de dous meses para que non recaian.
A pesar do éxito vostede non viu medrar os seus ingresos tanto coma as tabaqueiras...
Temos unha postura ética e social, non económica. O noso obxectivo é axudar a xente.
Ten algún vicio confesábel?
Procuro levar unha vida san. Son consecuente co que propugno entre os meus pacientes.
Como é a Unidade de Tabaquismo?
Nas nosas sesións non comemos o tarro, senón que lle dicimos aos pacientes o que teñen que facer día a día para que poidan deixar de fumar.
Cantos manuais leva vendidos?
Non o sei.
Estaría orgulloso de que chegue a ser un libro de cabeceira para moitas persoas?
Xa o acadamos coas edicións previas, porque grazas a iso deixaron de fumar e lograron atoparse ben 30.000 persoas. Iso sempre é agradábel.