PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
Comentarios sobre o último en cine, letras e música
Nova sección de crítica en 'A Nosa Terra Diario'

Redacción .  Coñecer o último en cinema, música e literatura da man dun grupo de prestixiosos críticos. Velaí o contido da nova sección de Crítica de 'A Nosa Terra Diario', guía útil para saber que escoller na libraría, no videoclub ou na tenda de discos.

Reloxo 15.07.2008 | 07:03

Unha lectora ao pé dunha vetusta árbore Unha lectora ao pé dunha vetusta árbore. Paco Vilabarros

Os lectores de 'A Nosa Terra Diario' teñen á súa disposición as críticas culturais de prestixiosas sinaturas. Os últimos títulos do cinema, os máis prometedores músicos e as últimas novidades literarias do país.

Xosé Manuel Eyré, María Xesús Nogueira, Manuel Xestoso, Xoán María Costa, Xesús González Gómez e Armando Requeixo, entre outros, dedicaranse a seguir a literatura galega.

Na sección de Música, o crítico Xoán Manuel Estévez presenta novos músicos, descobre sons "distintos" e recomenda onde está o mellor no panorama actual.

Para completar o apartado de cinema, tanto en salas como nos formatos domésticos, os críticos J. A. Xesteira e Xosé Valiñas atenden o máis recente do audiovisual e fan a súa valoración sobre as películas máis destacadas.

A sección de Crítica é unha das moitas novidades de A Nosa Terra Diario para este verán. Varios servizos e guías para o lector están a porse en marcha. En breve daremos conta de todas elas.

Ademais de información puntual e actualizada todos os días, A Nosa Terra Diario segue a aumentar os seus blogs, con gran variedade de temas (desde a actualidade do Celta aos últimos avances en software libre, pasando pola actualidade de Suíza, a Lusofonía, a Gran Bretaña ou Catalunya vista polos ollos de galegos que coñecen tales realidades de primeira man).

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil