PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Terceiro traballo
Nova Galega de Danza presenta o CD 'Tradicción'

Redacción .  ANT TV achégase á terceira entrega das músicas da Nova Galega de Danza, unha compañía que leva máis dunha década fusionando ao vivo a danza e a música de raíz galega, tradición e vangarda con vocación universal.

Reloxo 24.06.2009 | 13:20

'Tradicción', de Nova Galega de Danza. Bocixa/R. Rei A triloxía comezou no 2003 co espectáculo Alento, que foi finalista dos Premios MAX como Mellor Espectáculo Revelación, mentres que a edición en CD da música ao vivo fíxose merecente do Premio Opinión ao Mellor Disco Galego do ano 2005, e da distinción de Mellor Disco de Folk do ano para a revista Efe-eme (nº 75).
 
Engado chegou catro anos despois, e estivo presente na XIV Feira das Artes Escénicas de Galicia, o Festival de Ortigueira 2006, Festival Madrid en Danza 2006, Festival de Danza ESCENA 2007 de Navarra, Festival de Paredes de Coura (Portugal), Festival Internacional Meet in Beijing 2007 (Beixín), a Expo Zaragoza no 2008, ou a apertura da pasarela Gaudí de Barcelona.
 
Agora chega Tradicción, que recibiu o Premio de Ciencias e Artes da Representación 2009 outorgado pola Fundación Premios da Crítica–Galicia. Este merecemento consolida a arriscada aposta realizada por Nova Galega de Danza. A banda sonora creada por Pedro Lamas para os sete bailaríns e bailarinas do espectáculo pode adquirirse nas tendas dende o 16 de xuño.

Pedro Lamas asume a composición e dirección musical, coa achega de dous temas de Jacobo de Miguel. Na gravación do proxecto están Xabier Díaz e Toño Domínguez (voz, gaita e percusión tradicional), Suso Iglesias (acordeón), Ricardo Rozas (guitarra), Juan Collazo (vibráfono e percusión tradicional), Miguel Queixas (batería e percusións) e o propio Pedro Lamas (saxo soprano, gaita e percusión tradicional). As mesturas e a masterización corren por cargo de Guillerme Fernández.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río