PUBLICIDADE
Venres, 08 de agosto de 2008
No Barco de Valdeorras
Nova fábrica de vidros que aforran enerxía

M. V A firma Cedisolar producirá vidros que aforran enerxía no Barco de Valdeorras. O presidente da Xunta adiantou que a empresa –participada por Fenosa– contará cunha subvención de máis de seis millóns de euros.

Reloxo 15.05.2008 | 13:38

Fábrica de vidro Fábrica de vidro Esquerda   1 / 2  Dereita   Esta axuda do IGAPE foi aprobada no Consello da Xunta desta mañá. Ademais da subvención, o Goberno participa no capital cun millón de euros. O presidente Emilio Pérez Touriño explicou que a fábrica creará 59 “empregos indefinidos” e terá unha facturación de máis de 20 millóns de euros no seu primeiro exercicio.

Sector en crecemento

Cedisolar está participada por Unión Fenosa e Abengoa. Producirá “vidros de alta eficiencia” especialmente deseñados para maximizar os efectos da calefacción nos edificios, un sector que o Executivo cre que medrará nos vindeiros anos e recintos de seguridade.

A Xunta destaca que varios tipos destes produtos limitan a radiación do sol durante o verán e as perdas de calor da calefacción durante o período invernal, polo que contribúen a loitar contra os efectos do cambio climático.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil