PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
A Consellaría de Cultura non confirma o concerto da artista
Norah Jones en Galiza?

Redacción .  Malia que onte a axencia Europa Press anunciaba que unha das dúas únicas actuacións da cantante norteamericana Norah Jones no Estado ía ser en Galiza, nos actos do Xacobeo 2010, o departamento de Cultura desmentiu hoxe esta información.

Reloxo 05.02.2010 | 13:18
TAGS: Norah Jones , Xacobeo ,

A cantante Norah Jones A cantante Norah Jones

Dende a Consellaría de Cultura e Turismo, informaron “non ter constancia” da contratación da artista gañadora de oito Grammys e indicaron que a S.A. Xacobeo “nin desmente nin afirma” que se mantiveran negociacións cos representantes da artista.

A consellaría non descarta que as negociacións dos representantes da artista se fixesen dende algunha promotora de concertos privada ou a través de concellos ou institucións, que poderían estar negociando a súa contratación para que actuase en Galiza o próximo verán fóra do circuíto do Xacobeo.

O que si é certo é que onte se presentou o seu concerto no XXIV Festival Castell de Peralada (Girona), e no acto representantes da artista anunciaron que Jones faría o propio na axenda de concertos musicais do Xacobeo.


Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río