PUBLICIDADE
Mércores, 14 de maio de 2008
Luís
Lamas
Avogado
Outras noticias
Non hai escusas
 09.05.2008 | 12:33

A situación na que nos atopamos e a que está por vir, non é doada para ninguén. A crise é evidente para todos menos para os nosos gobernantes, que seguen e negar as evidencias.

No rural a situación aínda é peor. Os prezos do leite caeron e as empresas din que aínda baixarán máis, colocando moitos gandeiros nunha situación difícil para facerlles fronte aos investimentos que fixeron para mellorar a súa produción.

Unha situación curiosa: o contrato que ampara a recollida de leite entre as empresas e os gandeiros é dos poucos que son verbais, cos problemas que isto ocasiona para a parte máis débil: o gandeiro. Tamén é dos poucos que permite que unha das partes estabeleza o prezo con efectos retroactivos. Parece evidente que o modelo precisa dun cambio.

Os problemas do rural son moitos e moi distintos. No eido educativo, a situación non é mellor. Na provincia de Lugo a Consellaría de Educación decidiu suprimir o primeiro ciclo da ESO nos concellos de Triacastela, Samos, Paradela, O Incio, Portomarín, Baleira e Abadín, condenando a ducias de rapaces a erguerse cedo e botar máis dunha hora no bus.

Pregúntome que fai o goberno galego para facer máis atractiva a vida no rural, máis aló de discusións de campañas publicitarias.

A última de Medio Rural dicía que existe unha nova sabedoría no rural. Faltou dicir: malia o que fai a Xunta, ou mellor, o que non fai.

O problema do bipartito é que lle falta a súa razón de ser, a ultima ratio coa que, cando estaban na oposición. Explicaban todo o que acontecía no país: a culpa é do PP.

Mágoa que agora son eles os responsábeis.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
 
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil