
Moitos dos principais conflitos mundiais responden a un problema de distribución económica da riqueza. Isto quere dicir que os países máis pobres, ao menos no relativo á súa banca/moeda e non no relativo ao seu potencial de recursos naturais, sono moitas veces porque os máis ricos expoliáronos durante centos de anos e agora seguen a expolialos a causa das débedas que adquiren cos préstamos do Fondo Monetário Internacional, é dicir, o banco dos ricos coa moeda dos ricos.
Mais este conflito amplíase e transfórmase en desigualdade e asimetría ambiental. Isto quere dicir que o problema de distribución económica, ou da ausencia desta, vólvese en conflito distributivo ecolóxico, dándose unha acumulación de consecuencias da degradación ambiental sobre os máis desfavorecidos socialmente e sobre os países periféricos da metrópole. A estes países pode exportarse todo tipo de resíduos, a calquera prezo –sempre baixo–, deles pode extraerse todo tipo de riquezas, tamén a calquera prezo –sempre moi baixo.
Xa o dicía Castelao, non hai contaminación máis grave ca a fame. Repartamos a miseria, repartamos os impactos ambientais, repartamos a fame, mais, quen está disposto?
Descargar Tarifas