PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
O Gran Premio Paredes sae de Compostela
Única ocasión para ver o Karpin en Galiza

Redacción .  O equipo profesional galego de ciclismo competirá polas estradas galegas por única vez nesta tempada mañá e o venres no III Gran Premio Paredes, que parte de Santiago. O líder será Ramón Troncoso mentres que o resto do Karpin competirá na prestixiosa Volta a Catalunya.

Reloxo 14.05.2008 | 12:11

O Karpin, na presentación O Karpin, na presentación

O Karpin Galicia pisará chan galego en competición por única vez na tempada mañá xoves e o venres, con motivo do III Gran Premio Paredes, proba UCI do calendario portugués que, do mesmo xeito que nas dúas edicións precedentes, sairá dende Galiza. Por segundo ano consecutivo a carreira lusa partirá desde a Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. Na súa primeira edición comezara en Vigo.

O equipo galego, que simultaneará esta carreira coa súa segunda proba do calendario ProTour, a Volta a Cataluña, dispuxo unha aliñación cargada de futuro, con corredores novos en torno ao vigués Ramón Troncoso, bo coñecedor do ciclismo portugués. Os oito ciclistas que tomarán a saída o xoves ás 10.55 desde a Praza do Obradoiro son: Ramón Troncoso, Serafín Martínez, Xoán Mourón, David Abal, Alejandro Paleo, Delio Fernández, Xesús Cobelo e Vladimir Isaychev. Todos eles estarán ás ordes de Xesús Blanco.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil