PUBLICIDADE
Luns, 12 de maio de 2008
Carlos
Aymerich
Voceiro parlamentario do BNG
Outras noticias
Nervios
 02.05.2008 | 14:10

Helena Espinosa tenciona “prescindir do BNG”. Touriño quere contar cunha maioría suficiente para gobernar “con total autonomía”. Helena Salgado advirte que para transferir o tráfico vai haber ainda moito que falar. E os alcaldes do PSOE, desta vez xa sen requilorios, defenden que a calidade –e o prezo– da vivenda debe depender en exclusiva do albedrío dos construtores. Así andan as cousas.

Andan nerviosos. E teñen razóns. Porque consumidos xa tres anos de lexislatura a sucursal galega do PSOE ten un magro balanzo que lles apresentar aos galegos. Moi pouco en Sanidade, escaso en Educación, inexistente en Medio Ambiente, nulo en Presidencia e Xustiza, negativo en Traballo, invisíbel en Economía e cativo en Pesca. Chegarán os quilómetros de asfalto que Política Territorial anda a licitar para, ao xeito de Fraga, equilibrar as contas xa na fin do mandato?

Pola contra o BNG ten un programa transformador e teima en o levar á práctica: o Banco de Terras e a nova política florestal, o sistema galego de ben-estar con participación dos concellos a través do consorcio (que xa agrupa dous de cada tres municipios galegos), unha nova política enerxética sustentábel que mira porque os beneficios xerados cos nosos recursos naturais fiquen no país, unha nova política de vivenda que atende os intereses da xente, e, en fin, unha aposta sen complexos pola posta en valor e a difusión internacional da nosa cultura e deporte.

O PSOE pedirá a confianza dos galegos como garante do vello . O BNG dirixirase á maioría de galegos que queren que as cousas muden de verdade e que por iso apostaron, vai xa para tres anos, por un goberno de cambio. Que o pobo decida.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
 
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil