Redacción . O xornalista irlandés Patrick Lynch, da revista ‘National Geographic’, púxose en contacto coa oficina de Turismo Rías Baixas para solicitar información sobre o arquipélago vigués. A súa intención é coñecelo de primeira man para escribir un artigo na prestixiosa publicación.
Segundo informou o organismo turístico, dependente da Deputación de Pontevedra, o obxectivo deste profesional é publicar un artigo na sección ‘Traveller’ da revista e, para iso, ademais de pedir información, desprazarase até as Rías Baixas “nos próximos días”. O interese da prensa británica nas Rías Baixas xurdiu logo da difusión dun artigo de Gavin McOwan en The Guardian, onde se cualificaba a praia de Rodas, das Illas Cíes, como a máis bonita do mundo. Posteriormente, en decembro de 2007, a revista británica Spain incluíu unha reportaxe sobre a cidade de Pontevedra e, en febreiro de 2008, a mesma publicación lanzou outro traballo sobre as Cíes. The Guardian tamén se referiu ás Rías Baixas noutra ocasión, cando incluíu a Romaría de Santa Marta de Ribarteme no segundo lugar dun ránking de festas curiosas do mundo.
Illas Cíes