PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
O dianteiro ferrolán, contra o Zenit
Nacho Novo, titular na final da Uefa

Redacción .  O galego Nacho Novo formará parte do once do Glasgow Rangers que disputará hoxe a final da Copa da UEFA fronte o Zenit ruso. O último galego que participou nunha final deste torneo tamén o fixo cun club escocés: o coruñés David foi suplente co Celtic en 2003.

Reloxo 14.05.2008 | 07:54

Gol de Novo en Atenas Gol de Novo en Atenas

O Glasgow Rangers escocés, co ferrolán Nacho Novo á cabeza do equipo titular, afrontará este mércores en Manchester a súa primeira final europea en 36 anos coa determinación de levar a Copa da UEFA a Glasgow ante un modesto Zenit, totalmente concentrado en facer historia e disposto a redondear unha campaña memorable neste torneo e que, despois de deixar na cuneta a equipos como Vila-Real ou Bayern, semella favorito máis por xogo que por nome.

O Rangers optará, previsiblemente, por un esquema de 4-5-1, coa responsabilidade ofensiva recaendo en Darcheville con Novo -que ven de facer dous tantos no último encontro de Liga- de mediapunta. Unha solución táctica que está dando bos resultados a este equipo, que se clasifica esta tempada por primeira vez para unha final de Copa da UEFA.

O último galego que participou nunha final da UEFA foi curiosamente con outro equipo escocés, o gran rival do Rangers, o Celtic. Foi David Fernández, ex do Dépor que estivo no banquiño da final en Sevilla que o club de filiación católica perdeu contra o Porto de Mourinho en 2003.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil