PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Descarga gratuíta
Músicos de todo o Estado reúnense no primeiro disco da asociación MusicArte

Redacción .  Ve a luz o disco 'MusicARTE Cantautores', o primeiro traballo da asociación compostelá homónima, no que se reúnen autores de todo o Estado.

Reloxo 04.06.2008 | 17:09
TAGS: musicarte , música ,

Cartaz do Musicarte Cartaz do Musicarte A asociación quere ser unha sorte de produtora musical para levar a cabo diferente proxectos situados polas súas características fóra do interese dos circuítos comerciais. Non se define claramente por unha ou outra opción ou xénero musical tentando dar cabida ao maior espectro posíbel primando a calidade e a orixinalidade.

O primeiro froito desta experiencia que parte das aulas compostelás leva por título MusicARTE Cantautores. Trátase dun volume recompilatorio no que se reúnen dez temas de cantautores de todo o Estado, entre os que figuran Jorge Castro, José Goterris, Luís Ruiz, Carlos Siles e Miguel Alonso, coordinador do proxecto e presidente da Asociación MusicARTE.

O propio Miguel Alonso explica o proceso de elaboración deste primeiro disco da asociación como un traballo de compilación no que a rede xogou un papel fundamental. “Comezamos poñendo o anuncio en páxinas de música e de cantautores” comenta o propio Alonso, “e responderon de todo o Estado enviando os seus temas”.

O traballo está aloxado na páxina www.127.es/MusicARTE, dende onde se pode descargar de xeito gratuíto.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río