PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
‘DEBERA TERME INFORMADO MELLOR’
Mozilla admite o seu erro sobre o Firefox galego

M. V Tristán Nitot recoñece que, en contra do que dixera, si existe unha versión en galego do popular navegador. Porén, o cofundador de Mozilla Europa non aclara porq ue esta versión de Mancomun.org non ten o status de oficial, malia os intentos da Xunta.

Reloxo 23.05.2008 | 09:46

Tristan Nitot, co-fundador de Mozilla Europa Tristan Nitot, co-fundador de Mozilla Europa. linuxmil “Honestamente, non quixen entrar nunha polémica coa Comunidade Galega, pero así sucedeu. Debera terme informado mellor”, indica o programador. Nitot destaca que a versión no idioma do país xa foi descargada máis de oito mil veces dende Mancomun.org, a iniciativa da Xunta a prol do software libre.

“Non hai un Firefox Galego”

Con todo, Nitot insiste en que “non hai un Firefox Galego”, referíndose a que o traballo de Mancomun.org non está dispoñíbel nos servidores oficiais da Fundación. A Consellería de Industria explicou a ANT Diario que leva varios anos tentando ‘oficializar’ a versión, sen que Mozilla respondese ás súas propostas.

Nitot indica que agarda que o traballo conxunto de Mancomun, a Xunta e Mozilla permita que a próxima xeración da ferramenta, o Firefox 3, este dispoñíbel en galego de xeito oficial.

O directivo de Mozilla admite ter recibido unha petición da Xunta para que aclarase oficialmente este polémico asunto, segundo admite na súa bitácora Standblog.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río