Redacción . Esta fin de semana o Karpin Galicia disputa a Clásica Internacional de Alcobendas, con Ezequiel Mosquera á fronte, unha vez superados os seus problemas de alerxia.
O Karpin Galicia viaxa a Alcobendas liderado por Ezequiel Mosquera, que mellorou dos problemas respiratorios que padeceu na Volta a Asturias e na Subida ao Naranco. David Abal, Delio Fernández, Alberto Fernández, Vladimir Isaychev, Serafín Martínez, Xesús Covelo e Iban Mayoz disputan a Clásica Internacional de Alcobendas, que comeza mañá cunha etapa de 144,7 quilómetros até o alto de Navacerrada.
O primeiro sector da segunda xornada, sobre 104 quilómetros, vai de Alovera a Azuqueca de Henares e para a sesión da tarde resérvase a etapa Alcobendas-San Sebastián de los Reyes, con 72,9 quilómetros.
Na Clásica Internacional de Alcobendas tamén participan os seguintes conxuntos: Andalucía-Caixa Sur, Benfica, Crédit Agricole, Agritubel, Contentpolis-Murcia, Burgos Monumental, Saunier Duval-Scott, Caisse D'Epargne, Flaminia, Tinkoff, Aqua Sapone-Caffe Mokambo, Barloworld, Bouygues Telecom, Fercase-Paredes, Serramenti PVC-Diquigiovanni, Estremadura-Ciclismo Solidario e Selección Española.