PUBLICIDADE
Venres, 03 de setembro de 2010
A XUNTA QUITOU A AXUDA A FILLOS.ORG
Morre sen apoios a maior e-comunidade de emigrantes

Redacción .  Catro meses despois de lanzaren unha convocatoria chamada 'Un futuro para Fillo' motivada pola súa incapacidade para xestionar o portal e mais o resto de proxectos en Internet que fora creando na última década esta asociación cultural, acaban de publicar un comunicado anunciando o seu 'desmantelamento. '

Reloxo 22.06.2010 | 14:14

Manuel Casal Lodeiro Manuel Casal Lodeiro. Foto:fillos.org

Nas vindeiras tres semanas pretenden recibir ofertas de adquisición por a maior parte dos seus proxectos. "Dividimos os nosos servizos en aqueles que poderían ser mantidos sen requerer mantemento técnico e sen termos que pagar un servidor, e o resto venderémolo para pagarmos débedas e continuar co que non se dea vendido", explicou o seu secretario e fundador Manuel Casal Lodeiro.

Nunha asemblea extraordinaria de socios que rematou este pasado domingo día 20, as 33 persoas que fan actualmente parte desta asociación, aprobaron a medida e nomearon unha directiva que exercerá o seu mandato durante menos de un mes co fin exclusivo de dirixir o proceso. Casal aclarou que tanto el como outros membros desta directiva temporal presentaron as súas candidaturas, "case obrigados" pola ausencia de socios dispostos a facerse cargo.

"A falta de compromiso é un dos problemas que nos ten levado a esta situación", xustificou, "ademais do cesamento do convenio que tiñamos coa Secretaría Xeral de Emigración que nos deixou sen cartos para pagar a xestión técnica e o servidor".

Durante os últimos anos a asociación tiña uns gastos aproximados anuais de 45.000 euros, un terzo dos cales era financiado mediante o convenio que asinaran co anterior responsable de Emigración, Manuel Luís Rodríguez. En función do resultado desta convocatoria, unha nova asemblea decidirá en Xullo se a asociación conta cos recursos suficientes para continuar con proxectos máis modestos e se hai novos candidatos dispostos a liderar esa nova etapa menos complexa e menos custosa.

A comunidade virtual Fillos.org constitúe ata o de agora o seu principal servizo na Internet e xunta nunha rede social online a case sete mil galegos e descendentes. Agora esa rede social está en venda, e eses milleiros de galegos á espera de alguén que queira continuar co servizo de ponte virtual entre Galicia e a súa Diáspora. 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río