PUBLICIDADE
Mércores, 10 de marzo de 2010
Nacera hai 70.000 anos nunhas illas do Índico
Morre a derradeira falante da lingua bo

Redacción .  Boa Sr morreu aos 85 anos. Con ela morre o patrimonio lingüístico de 70.000 anos: a lingua bo. Esta fala pervivía nas illas Andaman, pertencentes á India.

Reloxo 04.02.2010 | 20:05
TAGS: bo , lingua , boa sr , andaman , india ,

A raíña da tribo de Ardaman, Surmai, á esquerda, coa súa filla Buro A raíña da tribo de Ardaman, Surmai, á esquerda, coa súa filla Buro. REUTERS

As illas Andaman son un arquipélago de xurisdición india no medio do océano Índico, ao leste da costa de Birmania. Arredadas do evoluír histórico da India están poboadas por diversas tribos, moitas delas sen contacto externo. As illas son consideradas un paraíso para os filólogos, dada a riqueza de linguas que se dá nese territorio.

Mais a riqueza estiña. Hai catro meses expertos universitarios indios alertaban do final dunha das linguas que se falaba na rexión desde hai máis de 50.000 anos. Hoxe outra lingua desaparece. Tal e como recolle a BBC, Boa Sr morreu aos 85 anos levando consigo a lingua bo, que mantivo durante os últimos 35 anos en soidade.

A profesora india Anvita Abbi explica para a canle británica que Boa Sr quedou soa hai máis de tres décadas, sen ter ninguén con quen compartir a súa lingua. Os especialistas aproveitaron o seu testemuño vivo para recoller a lingua bo e estudala pero foi imposíbel mantela viva. A propia Boa Sr tivo que renunciar ao seu uso (por falta de interlocutores) e aprendeu o hindi para se comunicar coa comunidade.

A lingua bo procede de África e podería ter 70.000 anos. Os expertos explican que outras moitas linguas desta zona e doutras da India están en perigo de extinción. Nas illas Andaman hai altas taxas de paro e marxinalidade. Os indíxenas reciben amparo económico do goberno de Nova Delhi pero a falta de motivación acaba conducíndoos ao alcol e á soidade.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río