Redacción . As galegas Sonia Molanes e Teresa Portela foron terceiras no K-4 feminino do campionato de Europa de piragüismo que se celebra en Milán e aseguraron a súa presenza nos Xogos de Beixing 2008.
As piragüistas galegas Sonia Molanes e Teresa Portela, formando parte do K-4 feminino, lograron o seu pase aos Xogos Olímpicos de Beixing tras acabar en terceira posición a final dos Europeos de Milán. A decepción do Europeo para os galegos foi a actuación de David Cal, que ni sequera se clasificou para a final.
Teresa Portela adestra
O K-4 500 da sevillana Beatriz Manchón, a asturiana Jana Smidakova e as galegas Sonia Molanes e Teresa Portela alcanzarn a medalla de bronce no Europeo 2008 e asegúranse o pase a Xogos cunha actuación moi firme. As galegas accederon á final directa tras unha resolutiva aparición na eliminatoria e hoxe, nunha final na que só había unha praza para quen non conseguisen o pase olímpico no Mundial do pasado ano, asestaron un golpe de efecto que non deixou dúbidas.