PUBLICIDADE
Venres, 08 de agosto de 2008
Mañá celébrase en Salceda e en Monforte
Máis de 5.000 rapaces no Correlingua de Vigo

Redacción .  Esta mañá celebrouse a carreira a favor da lingua na cidade de Vigo, que acolleu máis de 5.000 rapaces. Monforte de Lemos e Salceda de Caselas son os próximos destinos do Correlingua.

Reloxo 14.05.2008 | 13:04

Correlingua en Vigo, a mañá do 14 de maio Correlingua en Vigo, a mañá do 14 de maio. AGN Esquerda   1 / 3  Dereita   A só dous días da derradeira xornada, o Correlingua vén de rexistrar en Vigo unha das cifras de participación máis altas. Non obstante, a chuvia fixo que algún dos centros de ensino que se apuntaran na carreira, acabasen por desistir. Malia o mal tempo, correron uns 5.000 estudantes que proceden de 38 colexios.

O Correlingua saíu da Praza do Rei ao redor das 11 horas e recalou no parque de Castrelos unha hora máis tarde. Logo de ler o manifesto, os estudantes presenciaron o espectáculo de Chévere e, entre outras actuacións, puideron escoitar o grupo gañador de A Polo Ghit, a banda boirense Sínefres.

Mañá é a quenda de Salceda de Caselas e de Monforte de Lemos. O venres é a clausura da oitava edición do Correlingua en Verín e máis en Ourense.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil