PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
O Ibex-35 recupera os 9.700 puntos
Mínimos cambios nas bolsas europeas

Redacción .  As Bolsas europeas rexistraron mínimos movementos na última sesión semanal debido ao peche das estadounidenses por ser data festiva. Dos parqués europeos o que máis subiu foi precisamente o de Madrid, onde o seu principal indicador subiu case sete décimas porcentuais para situarse outra vez por enriba dos 9.700 puntos.

Reloxo 03.07.2009 | 18:15

Edificio da Bolsa de Londres Edificio da Bolsa de Londres

Os dous grandes bancos tiraron de novo do selectivo da Bolsa de Madrid. Na última sesión desta semana BBVA revalorizábase en máis do 1,4 por cento, mentres que Santander subía máis de dous puntos porcentuais. Pola súa parte, Telefónica non chegaba a gañar unha décima, pero as escasas ganancias servíronlle para acadar de novo a cota dos 16 euros por título.

Polo que respecta aos valores galegos, remataron os dous a semana con perdas que eran de máis de oito décimas para Inditex, mentres que no caso de Endesa reducíanse a algo máis de dúas.

Resto de mercados

Nos mercados europeos houbo mínimos movementos. Os resultados da sesión movéronse entre as dúas décimas que cedía o indicador de Frankfurt até o 0,1 que gañaba París, pasando polo comportamento practicamente plano que experimentaba Londres, aínda que lixeiramente alcista.

O petróleo seguiu na sesión de hoxe á baixa. O barril do Mar do Norte cotizábase no mercado londiniense a pouco máis de 65 dólares, rexistrando un caída superior ao punto porcentual con relación ao peche de onte.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río