Manuel Vilas . A protesta enche a Praza da Quintana con 10.000 persoas, segundo os ecoloxistas e colectivos veciñais convocantes.
Lectura do manifesto de 'Galiza non se Vende' en febreiro de 2008 en Compostela.
Os manifestantes pediron, entre outras reivindicacións, a retirada do Plano Acuícola, co que a Xunta pretende multiplicar as piscifactorías na costa galega e o traslado da planta de Reganosa fóra da Ría de Ferrol. Varias ducias de colectivos veciñais e ecoloxistas sumáronse á concentración. Todos eles opóñense a diferentes infraestruturas (parques eólicos, portos deportivos, autoestradas, etc.) e denuncian á explotación do medio público "con fins privados", segundo se leu no comunicado final a actriz Mabel Rivera. Sen sindicatos maioritarios A convocatoria foi unha das máis concorridas vividas en Compostela nos últimos anos, malia que ningún partido político ou sindicato maioritario estaba entre as organizacións convocantes. Mostra da gran cantidade de participantes é que, cando a cabeceira da manifestación entraba na Praza de Galicia tras subir polo Hórreo, a cola da protesta aínda non chegara a Doutor Teixeiro.
1 / 25
Miles de cidadáns (Europa Press fala de 6.000 segundo a Policía e 10.000 segundo os organizadores) participaron este domingo na manifestación convocada pola Plataforma "Galiza Non Se Vende" en Santiago. A protesta encheu a Praza da Quintana e transcorreu nun ambiente moi festivo e sen nengún tipo de incidente.
Descargar Tarifas