Redacción . O dianteiro do Barça fica en Beixing con permiso do club e comeza os seus Xogos cun pase e un gol decisivos na vitoria dos arxentinos (2-1) fronte a Costa de Marfil.
Minutos despois de que o FC Barcelona anunciase que permitirá a Lionel Messi quedar na China a xogar os Xogos Olímpicos, o dianteiro arxentino deu a vitoria á selección olímpica do seu país ante Costa de Marfil (2-1), cun tanto propio e un pase de gol que puxeron ao seu equipo á fronte na fase previa. O duelo entre os dous máis fortes do grupo A foi duro desde o comezo para o combinado albiceleste, dada a calidade de xogadores como o propio Messi ou Riquelme. A competición de fútbol xa comezou antes da inauguración, e tamén Brasil -onde xoga Ronaldinho- debutou con vitoria.
Lionel Messi