Redacción . A consellaría de Medio Ambiente asegura que o plan de ampliación da Rede Natura non se adaptou aos proxectos eólicos e acuícolas previstos, tal e como denuncia Adega, senón ao revés. A través dun comunicado, o departamento autonómico explica que o deseño da proposta realizouse en base aos 'valores naturais do territorio'.
Segundo a consellaría de Medio Ambiente, o vindeiro outono iniciarase a tramitación parlamentaria para adaptar a Lei Galega de Conservación da Natureza á lei estatal, como paso previo para a aprobación da ampliación da Rede Natura 2000. De acordo cos datos facilitados polo departamento dirixido por Manuel Vázquez, o proxecto permitirá “case duplicar” a superficie actual, que pasará das 344.580 hectáreas ás 519.760 en superficie terrestre, superando as 600.000 co espazo mariño. A proposta, segundo a consellaría, é “máis ambiciosa do previsto inicialmente”, xa que se incrementou a superficie protexida até un 18 por cento, superando a demanda inicial realizada polos grupos ecoloxistas “que pedían un 13 por cento”. No comunicado, Medio Ambiente asegura que a ampliación, “realizada por expertos de recoñecido prestixio”, levouse a cabo en base a “valores naturais do territorio”. Ademais, engade que “os proxectos eólicos e acuícolas previstos adaptáronse á proposta elaborada e non ao revés”, negando deste xeito as acusacións da Asociación Ecoloxista Adega dun suposto “recorte da ampliación” para favorecer o futuro destas industrias.
Manuel Vázquez, líder do PSdeG.
Descargar Tarifas