PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
COPE VENDE POPULAR TV
'María Visión' podería ter unha TDT para toda Galiza

Redacción .  A maioría das 48 TDT concedidas pola Xunta non comezou a funcionar a menos de dous meses do apagamento analóxico total, o 3 de abril. Unha das poucas que xa emite en probas é Popular TV, de ámbito autonómico. Porén, a emisora da Igrexa atravesa serios problemas económicos que ameazan a súa viabilidade.

Reloxo 04.02.2010 | 10:35

Autopromoción de 'María Visión'

A cadea COPE busca investidores para Popular TV, segundo recoñeceu onte o presidente da compañía, Afonso Coronel de Palma. Durante unha conferencia no Foro da Nova Comunicación, Coronel admitiu que a presenza de Cope no negocio televisivo de ámbito local está agora en "reconsideración", ante a enorme oferta catódica que hai xa e dado que só se pode chegar con este tipo de canles ao 25% da poboación.

Coronel recordou que Prisa, que tamén concesión locais na maioría das bisbarras de Galiza, xa se desprendeu da súa cadea Localia e Vocento, editora do ABC tamén cambiou o seu modelo de negocio neste mercado.

Conversas con María Visión

"Hoxe, somos o único proxecto con cabeceiras locais" e "estamos ante unha certa redefinición do espazo que ocupamos e o que nos queda", sinalou o directivo de Cope. Caballero confirmou que existen conversacións de venda co grupo mexicano María Visión, pero non hai ningunha operación pechada de momento.

A outra emisora de ámbito autonómico concedida na fin da era Fraga e Vtelevisión, de La Voz de Galicia. Esta cadea está a construír os seus estudos en Sabón e aínda non o emite. Tampouco o fan a maioría das 46 TDTs locais, salvo algunhas excepcións como Correo Televisión en Santiago ou Canal Rías Baixas no Barbanza.

Cómpre ter en conta que La Voz está obrigada na concesión á contratación de 148 persoas con máis de 97 millóns de investimento. COPE terá que cumprir con 40 contratos e 2,6 millóns de investimento. Iso si, a Xunta xa indicou que non esixirá as operadoras cumprir todos os requisitos dende o primeiro momento.

 As TDTs privadas autonómicas deben emitir 32 horas de produción propia cada semana, a metade delas en galego.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río