PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
era unha das encargadas de redactala
María San Gil non asume o relatorio político do PP

Redacción .  A presidenta do Partido Popular do País Vasco, María San Gil, decidiu abandonar a redacción do relatorio político que será presentado no próximo congreso do PP por 'diferenzas de criterio fundamentais' producidas no seo da mesma. Nun comunicado, o PP vasco engadiu que 'isto non supón renuncia por parte de María San Gil a seguir achegando os seus puntos de vista para colaborar na mellor proposta e estratexia políticas'. A ponencia faise pública hoxe.

Reloxo 12.05.2008 | 07:35

María San Gil, presidenta do PP no País Vasco María San Gil, presidenta do PP no País Vasco Desde o PP non se concretou cales son as "diferenzas" que levaron á líder do partido no País Vasco a anunciar onte á noite o seu abandono da redacción do programa político.

San Gil era coautora do relatorio político que se discutirá no XVI Congreso Nacional do PP xunto ao presidente dos 'populares' canarios, José Manuel Soria, e a presidenta do partido en Girona, a senadora Alicia Sánchez Camacho

O relatorio político, que se presentará publicamente hoxe, define ao PP como unha formación "reformista, liberal e centrista", aposta por impulsar os pactos de Estado co PSOE, recuperar o Pacto polas Liberdades e Contra o Terrorismo para "derrotar" a ETA e aplicar unha política de inmigración "realista", segundo adiantou onte José Manuel Soria.

Soria sinalou que o relatorio político recolle "unha reafirmación dos principios e valores do partido", incidindo na "liberdade", á vez que inclúe "a definición do PP como un partido centrista, reformista e liberal".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil