PUBLICIDADE
Mércores, 08 de outubro de 2008
Por 'O Xardín das Pedras Flotantes'
Manuel Lourenzo gaña o Xerais de Novela

Redacción .  Xerais entregou hoxe os seus premios. Manuel Lourenzo gañou o Xerais de Novela por 'O xardín das pedras flotantes', mentres que Mar Guerra levou o Merlín de Literatura Infantil e Marilar Alexandre o de Literatura Xuvenil.

Reloxo 07.06.2008 | 19:56

Entrega dos Xerais 2008 Entrega dos Xerais 2008. EXG A Editorial Xerais entregou hoxe o Premio Xerais de Novela de 2008, o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil e o XXIII Premio Merlín de Literatura Infantil, que nesta ocasión recaeron nos escritores galegos Manuel Lourenzo González, Marilar Aleixandre e Mar Guerra, respectivamente.

Nun acto literario-musical celebrado hoxe na Illa de San Simón, en Redondela (Pontevedra), deuse a coñecer a resolución do xurado ante os máis de 300 asistentes á gala, entre os que destacaron o presidente do conselo da Cultura Galega, Ramón Villares, ou a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán.

Manuel Lourenzo González resultou gañador do Premio Xerais de Novela 2008, dotado con 25.000 euros, pola súa obra 'O xardín das pedras flotantes', considerada polo xurado como "un relato de amor insólito, extraordinario e paixoal". Nesta categoría resultaron finalistas as obras 'Ás sereas de Tubinga' e 'Memoria de sal'.

Pola súa parte, o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros foi nesta ocasión para a escritora Marilar Aleixandre polo seu libro 'A cabeza dá augamar', que trata a problemática de dous novos estudantes.

O premio foi concedido por unanimidade á novela de Aleixandre, que tiña como competidoras as obras 'O derradeiro inverno' e 'Tusilata'.

Por último, a xornalista e escritora Mar Guerra resultou vencedora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2008, dotado con 10.000 euros, coa súa obra, considerada polo xurado un "thriller psicolóxico", 'Xenaro e ou misterio da mochila verde'. O libro competiu nesta categoría coas obras 'Indanoseiben'(teatro), 'Paspallasazul' e 'XX27/ni-0'.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil