Bocixa . O artista galego francés elexiu a Fisterra de Europa para afacerse ao suor dos directos e presentarse ante o público galego. Fixoo en Monforte a pasada semana e desta volta, A Coruña é a cidade que o acolle
Concerto de Manu Chao. Bocixa e Raquel Rey
Anos despois outro tipo rabudo chamoume desde a Coruña e díxome que "tiñamos que montar unha festa brutal en Compostela e para iso temos que facer vir ao Manu". A maioria dos roqueiros galegos seguindo a idea de Xurxo Souto fixemos que a súa caixa de correio botara por fóra. E asi foi como sucedeu nos noventa A Feira Das Mentiras. Unha festa brutal de mestura e bo rollo. Lembro que os Dusminguet viñeron a Cerceda a tocar no festival organizado por Lucerna(a.c.) polo churrasco e a queimada.
O Manu Chao da Feira xa era o Manu dunha Mano Negra xa disolta, do Manu que vendera tres millóns de discos (Clandestino). Xa andara medio mundo tocando e levando as súas consignas antiglobalizadoras e antiimperialistas en barco e por vias abandonadas que levaban a pobos esquecidos. Despois chegaron as súas visitas máis tranquilas, de Manu, de home, de persoa.
Os seus concertos de apoio a colectivos pequerrechos en pequenas salas ou bares. As ceas e noites de licor de herbas na Roda de Malpica...
O pasado sábado o Manu berrou Galiza, berrou "Kontra o mundo", berrou Monte Alto. Berrou Sahara Ceive e retou ás autoridades a celebrar os xogos olimpicos en Marrocos. Preguntouse que opinarían as autoridades españolas e francesas ante esa proposta.
Seguro que este venres o encontro con Galiza na Coruña voltara a ser brutal, así que ide comidos...
Descargar Tarifas