PUBLICIDADE
Mércores, 08 de outubro de 2008
Damián
Villalaín
Outras noticias
Manifestazo
 08.07.2008 | 18:01

Para deslexitimar a vitoria do PSOE no 2004 e a nova relación coas forzas nacionalistas á que aquela deu lugar, o PP e os medios da dereita neonacionalista española teimaron nunha estratexia político-mediática que, baixo o lema “España se rompe”, incluíu unha campaña de alarma pola “persecución” do castelán e dos seus usuarios nas comunidades bilingües.

Calquera que, con humor e paciencia, seguise esa campaña percibiría doadamente os seus métodos: uso sistemático das medias verdades, deformante esaxeración dos detalles máis discutibles das políticas lingüísticas, permanente elevación da anécdota a categoría, completo silencio sobre os problemas dos usuarios das outras linguas, machacona identificación entre idiomas periféricos e xenreira antiespañola. E o máis significativo: nula vontade de achegamento convivencial e pluralista á problemática lingüística hispánica. Había que cargarse a “España plural” zapateriana, encirrar os máis baixos instintos do nacionalismo español e, como non, inflarlles as partes pudendas aos cataláns.

A consecuencia desta enxurrada é o Manifestazo, á vez vitimista e supremacista, condescendente e mamporreiro, inspirado por Pedro J. Ramírez e Rosa Díez e executado polos seus letrados abducidos. O escrito é o penúltimo fito desa estratexia da crispación na que o director de El Mundo e os seus aliados teñen o seu particular “raca-raca”. E agora que Raxoi se lles foi das mans, danlle o papel estelar a Díez, esforzada botaporela da que só sabemos con certeza que nunca promoverá un Manifesto polo Sentido Común.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
 
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil