PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Informe sobre o turismo
Máis dun millón de persoas visitaron Galiza por motivos culturais no 2008

Redacción .  Máis un millón de persoas visitaron Galiza por motivos culturais durante o 2008, o que supón o 16 por cento do total de turistas que se dirixiron ao país durante ese ano por motivos de lecer e o 7 por cento do total de viaxeiros.

Reloxo 08.02.2010 | 14:19
TAGS: turismo , cultura , xacobeo ,

. AGN

Segundo o informe O turismo cultural en Galiza, realizado polo Observatorio da Cultura Galega e dado a coñecer hoxe, no 2008 viaxaron ao país por motivos culturais 550.000 persoas residentes no resto do Estado e case 500.000 residentes no estranxeiro, que realizaron un gasto medio de 110 euros por día.

En concreto, os turistas estatais movidos por este tipo de oferta, que aumentaron nunhas 50.000 persoas entre 2007 e 2008, dirixíronse sobre todo ás provincias da Coruña –192.441 persoas– e Pontevedra –135.689 persoas.

No relativo aos turistas residentes no estranxeiro, a cifra duplicouse con amplitude entre 2007 e 2008, ao pasar de 225.566 visitantes a 493.738 viaxeiros, o 81,54 por cento orixinarios de Portugal.

O perfil do turista cultural que visita Galiza procedente do resto do Estado é unha muller casada de mediana idade que realiza estancias longas en estabelecementos hostaleiros e, en máis da metade dos casos, que xa visitou o país con anterioridade. En canto ao turista estranxeiro, ten entre 45 e 64 anos, alóxase nalgún estabelecemento hostaleiro e nun 25 por cento xa coñece Galiza.

Gasto total

O gasto total dos visitantes que chegaron a Galiza no 2008 movidos por intereses culturais ascendeu a uns 220 millóns de euros do total de 613 millóns gastados polos turistas en xeral. O gasto medio realizado por este colectivo ascendeu a uns 110 euros, sendo "sensibelmente maior" o investimento realizado polos turistas estranxeiros.

Os visitantes culturais a Galiza realizan unha estancia de 5,3 días, superior á media dos turistas en xeral, e valoran o país cunha nota dun 8,31.

Peregrinos

A cifra de turistas por motivo relixioso creceu de 100.000 visitantes en 1993 a case 160.000 en 1999 e 180.000 peregrinos no Xacobeo 2004. É de sinalar o incremento nos últimos anos dos peregrinos procedentes do estranxeiro, que veñen no seu maior parte de Alemaña, Francia e Italia.

A maior parte destes peregrinos, un 79 por cento, chegaron a través do Camiño Francés, que aumentou a súa popularidade nun 24 por cento entre 2005 e 2008. O resto de Camiños, a pesar de rexistrar un menor número de turistas, experimentaron crecementos importantes, como é o caso do Primitivo, do Norte, Portugués, Inglés e Vía da Prata, con subidas de entre o 70 e o 160 por cento nos últimos catro anos.

Os resultados macroeconómicos indican que os impactos directos e indirectos do turismo cultural suman 1.424 millóns de euros, o que supón un 2,5 por cento do PIB galego, un datos que se sitúa ao nivel da industria eléctrica e a metalúrxica e por encima da alimentaria e a pesca.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río