Manuel Vilas . A depuración da polémica Bolsa de Alugueiro lanzada polo último Executivo Fraga elimina moitas das axudas fraudulentas pero impide recibir subvención aos que non poidan xustificar ingresos de polo menos 4.890 euros ao ano.
O Programa de Vivenda en Aluguer da Xunta conta hoxe con 2.970 contratos en vigor. Isto supón unha caída de 3.530 beneficiarios respecto a polémica Bolsa de Alugueiro, substituída polo Programa e que chegou a ter máis de 6.500 beneficiarios. Revisión de expedientes Tras a chegada do bipartito ao poder, a conselleira Teresa Táboas lanzou a reforma da Bolsa, pois aseguraba que o Goberno popular concedera miles de axudas de xeito fraudulento. A reforma tamén endureceu algunhas condicións de acceso á vivenda e provocou a revisión de miles de expedientes. Un dos resultados desta 'depuración' é a caída do número de beneficiarios. Todos eles teñen que ingresar entre 0,7 e 3 veces o Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM). É dicir, entre 4.890 euros e 20.965 euros anuais. Xustificar o mínimo O problema en moitos casos é que os máis dos mozos non son quen de xustificar eses 4.890 euros de mínimo. Por iso, nas estatísticas do Programa chama a atención que só o 20 por cento dos beneficiarios teñan menos de trinta anos. Segundo datos facilitados pola Consellaría de Vivenda a ANT Diario, a gran maioría dos que cobran a subvención (54,9 por cento) andan entre os 30 e 45 anos. Tamén cobran os maiores de 65 Curiosamente tamén hai un 5,8 por cento maior de 65 anos. É dicir, hai cando menos 172 persoas en idade de xubilación que reciben esta axuda. Todos os beneficiarios gozan dela durante cinco anos, malia que deben xustificar os seus ingresos anualmente co fin de renovala.
Nuñez Feixóo no acto de toma de posesión de Teresa Táboas como conselleira de Vivenda
Descargar Tarifas