Europa Press . Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística, adiantou este venres que os datos da enquisa sobre o uso do galego no ensino que se lles pasou aos pais serán publicados. Iso si, non soubo dicir nin cando nin de que xeito.
En declaracións aos medios, Lorenzo explicou que os formularios están recollidos pero que por agora "non se sabe a participación" xa que "un equipo da Consellaría de Educación" está a traballar no reconto. "Non teño noticia", lamentou Lorenzo ao ser preguntado polos resultados do proceso. A pesar diso, avanzou que os devanditos resultados da consulta "serán públicos" e que os datos "cando estean, vanse dar a coñecer".
Estudantes de ensino medio.
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurou que os resultados do proceso de consulta aos pais sobre o uso do galego nas aulas serán "públicos", aínda que aclarou que por agora haberá que "esperar" para coñecelos e que se anunciarán "cando estean".
Descargar Tarifas