PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
É a única película galega no festival estadounidense
'Lobos sucios', documental galego no Tribeca de NY

Redacción .  O estraperlo e o mercado do wolframio nos tempos do nazismo son os temas do documental 'Lobos sucios', de Felipe Rodríguez Lameiro, que en maio se exhibirá no Tribeca Film Festival de Nova York.

Reloxo 24.03.2008 | 12:37

Fragmento do cartaz de Lobos sucios Fragmento do cartaz de Lobos sucios

O vindeiro 5 de maio proxectarase na clausura do Tribeca Film Festival a curta documental Lobos sucios, do director Felipe Rodríguez Lameiro. A fita, que recolle as historias persoais que deixou a explotación e estraperlo do wolframio durante a II Guerra Mundial nas minas de Casaio, exhibirase fóra de concurso no Tribeca Center.

O festival, fundado polo actor Robert de Niro tras os atentados do 11 de setembro, reúne nesta edición máis dunha trintena de traballos de todo o mundo. O documental Lobos sucios conforma a única presenza do audiovisual galego na cita neoiorquina. Con ela, Felipe Rodríguez Lameiro adéntrase na historia do estraperlo de wolframio das minas de Casaio que na II Guerra mundial abasteceu ao exército nazi. A película comeza co desenterro do maquis andaluz Miguel Cardeñas, protagonista dunha fuga da prisión das minas explotadas polos alemáns. A partir de aí, a cámara de Felipe Rodríguez conduce o espectador até a chamada Cidade dos alemáns, onde se situaban as explotacións mineiras, e descobre a importancia que chegou a ter o mineral nas economías locais.

O documental contou coa participación do escritor Manuel Rivas, no apartado literario, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e o neto do maquis andaluz Miguel Ángel Cardeñas. A película recolle ademais a análise do historiador Isidro García Tato e da mestra Eva Abal Terrón, neta do tamén mestre en Casaio Tomás Terrón Mendaña.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil