PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
Literatura-cine-educación
 06.10.2008 | 12:33

José Luis Cuerda recorre á literatura para amosarnos o seu imaxinario cinematográfico, coa Guerra Civil como pano de fondo. De Los girasoles ciegos quedo coa forza destrutiva da igrexa na educación. O personaxe do cura novo é a caricatura dun ser frustrado, envilecido e sufocado polas súas paixóns irreverentes. Encarna un estereotipo de mestre-ruín encargado da instrución duns pupilos maleables e asustadizos, fillos da posguerra, que medran baixo a tutela do medo duns ou da fachenda doutros. Doulle as grazas a Alberto Méndez polo seu fermoso libro, que estendo a Manuel Rivas polo seu relato "A lingua das bolboretas", levado ao cine tamén polo mesmo cineasta. Pardal, o neno protagonista do conto, empatiza cun mestre-conciliador, que será condenado por defender as súas ideas roxas. A súa mirada reflicte o terror dun cativo que non comprende o sentido do que acontece, un neno que, presumo, sentirá remordementos o resto da súa vida, podrecendo na ditadura franquista, lembrando os seus improperios cara ao mestre. Porén, mal que lle pesen a algúns, as historias “guerracivilescas”, son necesarias. Historias como As sombras do faro, Noite de voraces sombras ou Corredores de sombra de Agustín Fernández Paz, O lapis do carpinteiro, Os libros arden mal de Manuel Rivas, Home sen nome, de Suso de Toro, ou Cardume de Rexina Vega, entre outros, restitúen a memoria dos nosos devanceiros, sen rancores, mais con rigor. Pola miña banda quixen dar o meu gran de area con A sombra descalza. Se de educación falamos, creo que isto tamén supón educar.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
 
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil