PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
Baile tradicional e teatro completan os actos
Lingua de amor, Letra Viva e Feira do Libro en Lugo o 17

Redacción .  A Cidade da Muralla celebra o Día das Letras cunha xornada moi especial, que coincide coa inauguración da Feira do Libro. Tamén o 17 de maio coñecerase a resolución do certame Lingua de Amor.

Reloxo 15.05.2008 | 13:47

Cartel de Lingua de Amor Cartel de Lingua de Amor O Día das Letras comezará ás 12.00, cun paseo literario que partirá da escultura de Ánxel Fole, na praza Anxo Fernández Gómez, detrás do edificio do Concello, e seguirá polas inmediacións da Praza Maior. Tamén terán lugar representacións de baile tradicional do alumnado dos CEIs de Lugo. Xa ás 12.30 será inaugurada a Feira do Libro, na Praza Maior.

Outro momento especial será a entrega dos premios Lingua de Amor, convocados polo Consello da Xuventude de Galicia (CXG) coa colaboración do Concello de Lugo, na Casa do Concello, á 13.00. Estes premios dirixidos á mocidade serven para incentivar o uso do galego no ámbito do privado, concretamente, para as relacións amorosas. Nesta xornada coñeceranse as declaracións de amor galardoadas.

Por último, á noite terá lugar un percorrido polas diversas etapas da vida de Xosé María Álvarez Blázquez. O espectáculo Letra Viva comeza ás 23.00 na Praza da Soidade, diante do Museo Provincial de Lugo, dirixido por Paloma Lugilde. Con esta intervención, Palimoco Teatro achégase á vida e obra do autor. No proxecto implicáronse o Concello, a Xunta e a Deputación.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil