PUBLICIDADE
Xoves, 15 de maio de 2008
Para os maís cativos
'Lendo espero' leva libros ás salas de espera dos centros de saúde

Redacción .  45 centros médicos de 16 concellos galegos están inscritos no programa, que funciona dende o 2006.

 26.03.2008 | 17:23

Unha cativa lendo
Unha cativa lendo. Flickr: Luis Fabres
A Consellaría de Cultura quere, deste xeito, facer dos momentos de espera un intre idóneo para achegarse á lectura. Especialmente dirixido ao lectorado máis novo, Lendo espero distribúe libros nas salas de espera dos servizos de pediatría nas distintas localidades galegas dende o 2006. Os últimos en acoller está campaña durante este ano foron Oleiros, Rianxo, Carballo, Cedeira, Poio, Meis e Illa de Arousa. E está previsto que a inclúan Bergondo, Guísamo, Arca, Redondela, Monterroso, Barbadás, Xunqueira de Ambía, Caldas de Reis, Cuntis e Salvaterra do Miño. Este xoves incorporarase en varias destas localidades.

A intención é que os momentos de agarda dos cativos e cativas nos hospitais se convertan en momentos de pracer, tan axeitados para a lectura como se estivesen na casa, no colexio ou a biblioteca. Amais de facer máis levadeira a espera, a iniciativa introducirá os libros na vida dos nenos e nenas como forma de entretemento. Nos servizos de pediatría disporase dun punto de lectura, con libros e información sobre as condicións de uso. Poderanse coller libremente, e estarán dirixidos aos lectores e lectoras máis novos. Para o mantemento cotián e a actualización dos fondos, a Consellaría contará coa colaboración das bibliotecas municipais.

Dende o 2006 até hoxe intégranse no plan 45 centros médicos. Os primeiros en inscribirse foron os de Cambre, Perillos, Milladoiro, Ribadeo, Monforte, Allariz, O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Baiona, Moaña, Tui e Vilagarcía de Arousa. E o pasado ano engadíronse os centros de Bertamiráns, Ortigueira, Miño, Melide, O Pino, Outes, Culleredo, Coirós, Chantada, Ribadavia, O Grove, Lalín, Ponteareas, O Rosal, Mos e Salceda de Caselas.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil