PUBLICIDADE
Xoves, 09 de setembro de 2010
Acusado de recibir máis de 600.000 euros
José Galeote rende contas polo ‘caso Gürtel’

Redacción .  O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSXM) interrogará tres novos imputados na trama de corrupción do 'caso Gürtel', entre eles ao ex concelleiro de Boadilla del Monte José Galeote, pai do eurodeputado popular Gerardo Galeote.

Reloxo 12.05.2009 | 09:37
TAGS: Galeote , Gürtel , PP ,

A cúpula 'popular' no último congreso do PP de Madrid A cúpula 'popular' no último congreso do PP de Madrid. PP de Madrid

Ademais de José Galeote, deberán comparecer ante o xuíz Pedreira, en calidade de imputados, Gonzalo Naranjo Villalonga e Eva María Sabio Villacorta.

No auto polo que o xuíz da Audiencia Nacional, Baltasar Garzón, se inhibiu en favor do TSXM, o maxistrado acusaba a José Galeote de recibir da trama de corrupción un total 612.506 euros.

Segundo recolle elEconomista, até o momento, compareceron ante Pedreira un total de 12 imputados, entre eles o presunto cerebro da trama, o empresario Francisco Correa, así como os deputados rexionais do PP en Madrid Benjamín Martín Vasco, Afonso Bosch e Alberto López Vello.

A listaxe de supostos delitos

O maxistrado imputoulles a todos eles os delitos de asociación ilícita, suborno, tráfico de influencias, fraude fiscal, branqueo de capitais e falsidade documental. Ademais, Pedreira impuxolle a Martín Vasco unha fianza de 955.000 euros e a López Vello outra de 750.000 euros.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río