Redacción . O escritor e profesor da Universidade de Oxford recollerá na Coruña o título de académico de honra da institución. A cerimonia, que comezará no salón de actos da Real Academia Galega (rúa Tabernas, 11) ás 19.00 horas, é aberta ao público.
Rutherford recibirá o recoñecemento dos académicos como mostra de gratitude da cultura galega, a quen desde hai décadas é, nas illas Británicas, un dos más incondicionais defensores das letras, a lingua e as tradicións galegas. John Rutherford (Saint Albans, Inglaterra, 1941) pronunciará o discurso central, e falarán na súa honra Antón Santamarina, Manuel González e o propio Xosé Ramón Barreiro, presidente da RAG. Autor dunha novela en galego, As frechas de ouro (Vigo, Galaxia, 2004), é un dos mellores coñecedores do que o Camiño de Santiago representa para a cultura europea. É profesor do Queen's College da Universidade de Oxford, onde coordina tamén o Obradoiro de Tradución Inglés-Galego, e dirixe o Centro de Estudos Galegos desta universidade. Foi presidente e vicepresidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), e dinamizou as Xornadas 'Mar por medio', que lteñen lugar en Ribadeo dende o ano 1992, procurando a relación da cultura galega co exterior, tanto coas illas británicas (sobre todo) como con América. O 24 de xuño de 2007 recibiu o Premio Trasalba pola súa contribución á difusión da lingua, a cultura e a literatura galegas.
John Rutherford