PUBLICIDADE
Mércores, 10 de marzo de 2010
Recada fondos co documental 'Mashi: trasi que trasi'
Iván Prado organiza un festival de pallasos en Palestina

Redacción .  O colectivo Pallasos en Rebeldía presentará este mércores en Tenerife o primeiro Festival Internacional de Clown que se organizará en Palestina. O pallaso Iván Prado dará a coñecer o documental 'Mashi: trasi que trasi', filmado no 2009 en Ramallah e Nablús para recolectar fondos para sufragar os gastos do evento que terá lugar en outubro e novembro deste ano.

Reloxo 09.02.2010 | 14:59

Iván Prado Iván Prado

O obxectivo é amosar o traballo que se levou a cabo nos territorios ocupados de Palestina e recadar fondos para o primeiro Festival Internacional de Clown que terá lugar entre outubro e novembro coa fin de fomentar e apoiar os grupos palestinos de circo e pallasos.

Nun principio Pallasos en Rebeldía xa ten confirmada a participación para esas datas de artistas como Elliot de Bélxica; La Bandita Alegra de Chile; Jorge Blas de Madrid; Azulkillas de Euskadi; Alba Sarraute de Cataluña; Peter Punk de Galiza e Coul Broders de Castela A Mancha-Galiza.

Iván Prado explica que este festival achegará ás cidades de Ramallah e Nablús durante 15 días actuacións de risoterapia, circo e pallasos en prazas e espazos abertos, así como en campamentos de refuxiados e encontros entre os convidados e artistas palestinos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río