PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Rufino Regueira bate o récord de 4X200 nos Xogos do Mediterráneo
Iván Brión, na III Copa de Europa de Augas Abertas

Redacción .  O nadador galego Iván Brión é un dos elixidos para participar na III Copa de Europa de Augas Abertas que se celebrará a vindeira fin de semana na localidade croata de Proec. Brión participará na proba dos 10 quilómetros.

Reloxo 01.07.2009 | 11:51

Iván Brión Iván Brión

O duplo campión de España en Augas Abertas en cinco e dez quilómetros cumpre así o principal obxectivo que tiña previsto para a presente temporada, que era o de estar na competición continental, que se caracteriza por ser moi selectiva, xa que nela tan só participan os 12 mellores nadadores de cada distancia.

Rufino Regueira, récord de España

Pola súa banda, Rufino Regueira, ao igual que Brión membro do CN Riveira Mar de Couso, vén de bater por dúas veces a plusmarca estatal de relevos, formando parte do equipo de 4X200 que está a participar nos Xogos do Mediterráneo, que se celebran en Pescara (Italia). O grupo de nadadores do que forma parte o ribeirense fixo unha primeira marca de 7m. 22”: 31. Este tempo bateríano de novo pola tarde rebaixando en case un segundo, para quedar estabelecido en 7m. 21”:37.

Continuando coas boas novas para a natación galega, compre salientar tamén a gran actuación que está a ter na mesma competición que se está a celebrar en terras transalpinas a nadadora Aurora Pérez de Córdoba, que conseguiu meterse na final da proba dos 200 metros braza.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río