PUBLICIDADE
Luns, 12 de maio de 2008
Presenza galega en Palestina
'israel utiliza Gaza para dividir aos palestinos"

Xurxo Salgado O ex eurodeputado do BNG Camilo Nogueira participa estes días nunha visita a Gaza e Cisxordania coma membro dun equipo de observadores e parlamentarios da UE. Segundo destaca, a franxa de Gaza está sendo un “instrumento de división” dos palestinos por parte de Israel.

 06.02.2008 | 13:34

Protestas en Gaza
Protestas en Gaza
Esta misión, que comezou a súa visita o pasado venres, reuniuse co primeiro ministro do Goberno palestino, Salam Fayyad, así coma con membros do seu parlamento, incluídos deputados de Hamás, Tamén visitou Hebrón, Belén e Gaza e mantivo xuntanzas, non só con palestinos, senón con activistas pacifistas xudeus e deputados do Knesset.

“O obxectivo é implicar máis á UE na resolución do conflito, que teña máis presencia, e que poida influír no Goberno israelí e nos EE.UU. para que cesen a presión sobre os palestinos”, asegura Camilo Nogueira en declaracións a ANT Diario quen apunta que a “única solución” é a creación dun Estado palestino e a convivencia pacífica dos dous pobos.

Gaza

Sobre a súa visita a Gaza, cidade que domina Hamás e sobre a que o goberno israelí ten decretado un bloqueo permanente, o ex eurodeputado nacionalista destaca a “extrema pobreza” na que vive a xente. “A súa situación é desesperada”, engade.

Por iso, pide maior implicación dos países europeos para tentar solucionar o conflito e reclama a Israel que cese a súa presión sobre a franxa. “As súas infraestruturas son sistematicamente destruídas polo exército xudeu que, á súa vez, beneficiase de contratos comerciais con Europa”.

Nogueira asegura que, a pesar das diferenzas entre os dous pobos, son moitos os que queren una solución pacífica. “Hai extremistas que queren bombardear o proceso. De aí a importancia da UE como mediador”, asegura.

Esta non é a primeira vez que unha misión da UE visita Palestina. O propio Nogueira acudiu como europarlamentario aos territorios ocupados en varias ocasións. Nesta visita, foron 12 os parlamentarios europeos que viaxaron a Israel e Palestina entre os que se atopan comunistas, nacionalistas, socialistas e conservadores.

Agai

Sobre a polémica xurdida en Galiza entre a Asociación Galega de Amizade con Israel -Agai- e o BNG, e a posterior dimisión dun concelleiro nacionalista, Nogueira amosa a súa “estrañeza” polas posturas dos defensores de Israel dentro do Bloque. “Todos aceptamos a existencia de Israel pero hai quen non quere falar da opresión do pobo palestino”.

Por iso, considerou que se teñen “magnificado” as críticas ao BNG por propoñer un texto alternativo no Parlamento á condena do Holocausto. “É unha situación que nunca causou problemas na formación frentista”, conclúe.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil