PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Amnistía Internacional denuncia crimes de guerra
Israel usou armas de gran precisión en Gaza

Redacción .  Amnistía Internacional asegurou que a 'maioría' dos 1.400 palestinos que morreron durante a ofensiva efectuada a principios deste ano por Israel na Franxa de Gaza, entre os que había ao redor de '300 nenos e nenas e centenares de civís desarmados', foron vítimas de 'armas de alta precisión' cuxo 'excelente sistema óptico permitía ver con detalle o obxectivo', polo que non se poden seguir xustificando estas mortes 'cualificándoas sen máis de 'danos colaterais'.

Reloxo 02.07.2009 | 08:48

O cadáver dunha nena é transportado por palestinos en Gaza O cadáver dunha nena é transportado por palestinos en Gaza. Mohamed Salem/REUTERS AI tamén denunciou "a falta de medidas" por parte de Israel para investigar debidamente a actuación das súas forzas durante a operación 'Chumbo fundido' da Franxa de Gaza, "incluídos os crimes de guerra", así como "a súa continua negativa a cooperar coa misión internacional e independente de investigación da ONU", que "pon de manifesto a súa intención de eludir o escrutinio público e a rendición de contas".

Nun informe presentado hoxe –o primeiro de alcance exhaustivo que se publica sobre este conflito–, Amnistía asegurou que durante a ofensiva, que durou 22 días, as forzas israelís "mataron centenares de civís palestinos desarmados e destruíron milleiros de vivendas en Gaza" e advertiu de que estes ataques "violaron as leis da guerra".

Foguetes de Hamás

"A comunidade internacional, dirixida polo Consello de Seguridade da ONU, debe exercer toda a súa influencia para conseguir que Israel coopere plenamente coa investigación Goldstone, que é xa o mellor medio para establecer a verdade", recolle.

Así mesmo, segundo Amnistía, o Movemento de Resistencia Islámica (Hamás) e outros grupos armados palestinos "dispararon centenares de foguetes contra o sur de Israel, que mataron tres civís israelís, feriron decenas máis e obrigaron miles de persoas a evacuar os seus fogares". "Estes ataques ilexítimos constitúen crimes de guerra e son inadmisíbeis", advertiu Rovera.

Armas de alta precisión

O informe de Amnistía Internacional documenta o uso por parte de Israel de armas de guerra "contra unha poboación civil que se achaba atrapada en Gaza sen posibilidades de fuxida". "A magnitude e intensidade dos ataques contra Gaza non tiñan precedente", asegurou a organización. "Entre os 1.400 palestinos que mataron as forzas israelís había uns 300 nenos e nenas e centenares de civís desarmados máis, que non tomaban parte no conflito", agregou.

"Á maioría destas persoas matáronas con armas de alta precisión para disparar, as que contaban con avións de vixilancia teledirixidos non tripulados, cuxo excelente sistema óptico permitía ver con detalle o branco", denunciou a organización. "A outras matáronas con armas pouco precisas –incluídos proxectís de artillería con fósforo branco, substancia xamais utilizada anteriormente en Gaza– que non deben empregarse nunca en zonas con gran densidade de poboación", engadiu.

Os investigadores de Amnistía Internacional comprobaron que as vítimas dos ataques "non morreron por terse visto atrapadas entre dous lumes no curso de combates entre activistas armados palestinos e as forzas israelís, nin porque estivesen servindo de protección a combatentes ou obxectos militares".

As vítimas
"Moitas morreron tras ser bombardeadas as súas casas mentres durmían", afirmou a organización. "Outras atopábanse nese momento sentadas nos seus patios ou tendendo roupa na azotea", manifestou. "Entre as vítimas dos ataques había nenos e nenas que estaban xogando na súa habitación, na azotea da súa casa ou na rúa", proseguiu. Así mesmo, as forzas israelís atacaron "reiteradamente" a persoal paramédico e a ambulancias que acudiran a socorrer a persoas feridas ou a recoller cadáveres.

Aparte, durante a ofensiva foron destruídas máis de 3.000 vivendas e unhas 20.000 sufriron danos "que reduciron a cascallos barrios enteiros de Gaza e deixaron a xa mala situación económica do territorio en ruínas". "Gran parte da destrución foi gratuíta e non estaba xustificada por razóns de 'necesidade militar'", agregou.

De acordo co Dereito Internacional, recordou a organización, os Estados teñen a obrigación de exercer a xurisdición universal e iniciar investigacións criminais nos seus tribunais nacionais sempre que haxa indicios suficientes de comisión de crimes de guerra ou outros delitos de dereito internacional para deter e pór a disposición xudicial aos presuntos responsábeis. "Non se debe deixar aos autores de crimes de guerra e outras violacións graves do Dereito Internacional eludir a rendición de contas e a acción da xustiza", advirte AI.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río