PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
Accidente aéreo de Baraxas
Investigan un erro na entrega das cinzas de dúas vítimas do accidente aéreo

Redacción .  O xuíz encargado da instrución do accidente aéreo de Madrid-Baraxas abriu unha investigación para clarexar os motivos que levaron á entrega de dúas urnas coas cinzas de senllas vítimas da catástrofe ás familias equivocadas. O erro solventouse, sen máis consecuencias, nun prazo de tres horas.

Reloxo 28.08.2008 | 18:44

As forzas de seguridade inspeccionan o lugar do accidente de avión As forzas de seguridade inspeccionan o lugar do accidente de avión. Juan Medina/Reuters

Dúas familias das vítimas do accidente recibiron intercambiadas as cinzas dos corpos dos seus achegados, segundo fontes próximas á investigación. Esta “incidencia de entrega", segundo fontes xurídicas, non garda ningunha relación co proceso de identificación dos corpos, que se está a realizar con todas as garantías e baixo supervisión xudicial. Os axentes do servizo especial da Garda Civil que colaboran nos recoñecementos realizaron a identificación correcta a través do ADN dos falecidos.

A partir de aí, os restos mortais da vítima 134, un cidadán francés, foron entregados por erro á familia da vítima 104, e viceversa. O erro solventouse en menos de tres horas e antes de que se procedera ao traslado dos restos mortais ao lugar de orixe. De feito, unha urna cos restos do cidadán francés, que ían ser trasladados ao seu país a través do consulado, foi recuperada a tempo para entregarlla á familia correspondente.

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid reiterou a completa fiabilidade das identificacións dos falecidos no accidente aéreo de Baraxas e indicou que “a incidencia, xa solventada, producírase no operativo despregado para entregar os restos mortais das vítimas aos seus respectivos familiares”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil