PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
A INDUSTRIA DO VOLFRAMIO
Investigación sobre o comercio nazi no Barbanza

Redacción .  O Laboratorio de Patrimonio do CSIC presentará mañá o proxecto de I+D+I 'Investigación etnoarqueolóxica da industria do volframio na comarca do Barbanza'.

Reloxo 01.07.2009 | 12:56

Submarino nazi na Ría de Arousa no marco do comecio de volframio na II Guerra Mundial Submarino nazi na Ría de Arousa no marco do comecio de volframio na II Guerra Mundial. CSIC

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Os investigadores principais son Xurxo Ayán, do CSIC, e Leonardo González, de Alicerce. O estudo enmárcase na liña de investigación deste organismo sobre Arqueoloxía do pasado contemporáneo, no que xa se elaboraron traballos sobre paisaxe da guerrilla antifranquista ou a arquitectura dos campos de concentración durante a guerra civil.

Obxectivos e relevancia do proxecto

O obxectivo é estudar a explotación intensiva do mineral de volframio nos sete concellos que conforman a península do Barbanza (Rianxo, Boiro, Pobra do Caramiñal, Ribeira, Porto do Son, Noia e Lousame) nos anos 1939-1953, período histórico que coincide respectivamente co inicio da II Guerra Mundial e coa fin da Guerra de Corea.

“Neses anos a explotación de mineral de volframio foi un factor estratéxico na industria armamentística dos participantes nas contendas”, explica Leonardo González, investigador do proxecto, quen engade que “a península do Barbanza se converteu nesa época nun referente da explotación mineira do territorio galego, nun escenario privilexiado do imparable furor mineiro e das ideas e vindas de axentes alemáns e da contraespionaxe británica?.

Xurxo Ayán destaca o carácter pioneiro desta investigación, que ten as súas orixes no proxecto de escavación dos castros de Neixón (2003-2008). O científico do CSIC asegura que o proxecto é “un exemplo a seguir de colaboración entre a empresa privada e departamentos universitarios no campo das ciencias sociais”.

Aplicacións dos resultados

Os resultados que se obteñan neste proxecto servirán de base para elaborar un estudo comparativo da explotación de volframio na península do Barbanza con outras áreas do noroeste peninsular (Santa Corda, Valdeorras, O Bierzo, tras Móntesvos).

Outro obxectivo das investigacións é contar cun estudo amplo e integrado sen precedentes na historiografía e na arqueoloxía española. Para iso contarase con Alfredo González Ruibal e Pedro Fermín Maguire, membros do equipo de investigación que desenvolveu escavacións nas trincheiras da guerra civil da Cidade Universitaria de Madrid.

Financiamento

O proxecto está financiado pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i) da Consellaría de Economía e Industria da Xunta. Desenvolverase entre os anos 2009-2011, froito dunha colaboración entre o Laboratorio de Patrimonio do CSIC e a empresa de xestión cultural Alicerce.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río