PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
Nos parques empresariais galegos
Innovación destina 500.000 euros para formación en tecnoloxía

Redacción .  Un total de 97 parques empresariais galegos beneficiaranse do máis de medio millón de euros que a consellaría de Innovación e Industria destinará a financiar a posta en marcha de cursos de formación en novas tecnoloxías. Factura electrónica, DNI dixital, comercio electrónico ou software libre para pymes son algunhas das materias que se impartirán entre os interesados.

Reloxo 27.08.2008 | 12:52

Polígono industrial do Tambre, en Santiago de Compostela Polígono industrial do Tambre, en Santiago de Compostela. Otto/AGN

Segundo informou a Xunta de Galicia, o titular de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinará un convenio de colaboración coa Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) para a posta en marcha dun plan de formación en novas tecnoloxías dirixidos ás empresas de Galicia.

O convenio enmárcase dentro do Plan Estratéxico da Sociedade da Información e do Plan Avanza. O departamento autonómico aportará a totalidade do orzamento previsto para o desenvolvemento destas actuacións, que ascende a algo máis de 500.000 euros. Os cursos están orientados a formar aos traballadores das empresas galegas en materias como a factura electrónica, o DNI dixital ou o comercio electrónico.

A consellaría que dirixe Blanco aposta por impulsar a factura electrónica entre as empresas galegas polas súas vantaxes no aforro de custes de envío e tramitación e porque contribúe a facer os cobros e os pagos máis fluídos. Ademais, resalta as “importantes melloras” que leva aparellado consigo o DNI dixital, tanto para os cidadáns en xeral como para o sector empresarial pola multitude de servizos que oferta.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil