PUBLICIDADE
Xoves, 09 de setembro de 2010
Máis de 36.000 clientes, sen luz
Industria investigará a resposta das eléctricas ante o temporal

Redacción .  O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, anunciou hoxe que o Goberno galego 'vai abrir unha investigación sobre todo o proceso que se deu desde o venres' en resposta aos danos ocasionados polo temporal 'a fin de delimitar se efectivamente as medidas que se están pondo en marcha de mellora dos tendidos eléctricos' resolven os problemas e analizar, así, como mellorar a reacción nestes casos.

Reloxo 26.01.2009 | 13:29
TAGS: temporal , luz , eléctricas ,

Fernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria Fernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria. AGN Blanco informou de que 36.000 clientes continúan sen subministración eléctrica desde a noite do venres, 14.000 sen liña telefónica fixa e 6.827 sen ADSL –a maioría no norte da Coruña e Lugo–, e confiou en que "no día de hoxe quede resolta case na súa totalidade" a situación.

O titular de Industria considerou que a reacción por parte das compañías en futuras situacións similares debe ser "máis áxil". "Así llo imos a demandar ás empresas", agregou e asegurou que o informe que se derive da investigación deixará "claro como se actúa neste tipo de circunstancias e que medidas se van a pór para reforzar" a resposta.

Ademais, indicou que, a pesar de que a Xunta é "consciente" de que a situación foi "absolutamente excepcional" e de que así o deben entender tamén os cidadáns, farase esta investigación para determinar se é necesario reforzar os investimentos noutro tipo de melloras do tendido eléctrico.

Así mesmo, advertiu de que a neve que cae hoxe en diversas zonas do interior do país pode provocar novos problemas na subministración eléctrica, xa que pode sobrecargar "liñas moi debilitadas" e causar novos cortes, especialmente en zonas rurais.

Atención insuficiente

Blanco criticou a atención dada aos cidadáns por parte das empresas. "Desde logo, temos que mostrar o noso malestar por non reforzar o suficiente as liñas de atención ao público e, en moitos casos, polas respostas que se deron polas propias compañías", dixo e argumentou que "nunha situación de excepcionalidade tamén hai que pór sobre a mesa medios excepcionais de atención".

"O malestar dos cidadáns é normal e merécense que alén do teléfono tamén se lles conteste con todos os datos píosbeis, do mellor xeito e nun tempo adecuado", proseguiu e afirmou isto é "algo que haberá que ter en conta de aquí en diante".

Así, considerou que o que deben facer os usuarios afectados é "recorrer e presentar reclamacións" ante o Instituto Galego de Consumo, aínda que adiantou que as empresas "alegarán circunstancias extraordinarias".

No entanto, recoñeceu o "esforzo" dos operarios, que traballaron "en condicións moi difíciles en moitos casos" e admitiu que "outra cuestión" é que o Goberno desexase que a situación se tivese resolto "hai máis de 24 horas".

Zona catastrófica
En relación coas declaracións do alcalde de Ortigueira (A Coruña), que anunciou que pedirá a declaración de zona catastrófica, o conselleiro indicou que existen as condicións para que "iso se poida, polo menos, analizar", aínda que asegurou que "o razoábel é facer primeiro unha avaliación" dos danos.

Respecto da resposta da Xunta, Blanco remitiuse ás decisións que se tomen no Consello da Xunta do xoves, no que se aprobará un decreto para as axudas aos afectados, e sinalou que cada consellaría iniciará medidas no seu ámbito de competencia.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río