Europa Press . A iniciativa busca poñer a disposición do conxunto do pequeno comercio unha marca común baixo a que comercializar a súa mercadoría a través dunha plataforma en liña.
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, foi a encargada de presentar onte o proxecto nunha xornadas provinciais celebradas en A Coruña baixo o título 'Comerciando na rede'. A mesma xornada ten lugar hoxe en Vigo, mañá en Ourense e o xoves en Lugo.
Deste modo, durante os catro encontros provinciais que se desenvolverán esta semana por toda a comunidade, exporase ao comercio retallista a necesidade de internarse na comercialización a través de Internet como unha estratexia conxunta entre a Administración e o sector privado para traballar "na súa modernización e adaptación ás necesidades do novo mercado".
Neste sentido, a consellería destaca, sobre todo, a importancia de que este proxecto se leve a cabo coa presenza en conxunto e todo o comercio galego para poder desenvolver unha única marca que identifique e ampare ao sector. O sistema permitiría introducir información da tenda, poñer os seus produtos á venda, facer campañas de promoción ou empregar tarxeta de crédito, entre outras facilidades.
O papel do Goberno galego será o de creación, desenvolvemento e promoción da plataforma, así como asesoramento continuo aos comerciantes que se sumen ao proxecto.
Industria pon a disposición dos interesados o teléfono 902 233 131 e o sitio web www.abertal.com/comerciandonarede onde poden recabar información sobre esta iniciativa.