PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
O galardón pasa a outorgarse a Xabier Lama
Impugnado o Premio de Poesía González Garcés

Redacción .  A Deputación da Coruña vén de aceptar a impugnación do fallo do Premio de Poesía González Garcés que daba como gañadora a obra Construcións de Eduardo Estévez por incumprir as bases da convocatoria ao estar publicada previamente no blog 'en construción'. O galardón pasa a outorgarse a Xabier Lama, que recibira no seu momento un accésit.

Reloxo 23.09.2008 | 18:35

Eduardo Estévez, poeta Eduardo Estévez, poeta Para Eduardo Estévez a impugnación carece de “base legal” porque, ao seu ver, “tal e como está descrito nas bases” o González Garcés, “premia unha 'obra', quer dicir que considera a totalidade do material presentado baixo un título e lema” polo que “a obra presentada a concurso é rigorosamente inédita”.

O autor engade ademais que “o informe técnico, sen que caiba lugar a dúbidas indica que, 'só recibe consideración de obra édita aquela que posúe o seu correspondente rexistro, quer no ISBN quer no Rexistro da Propiedade Intelectual, e calquera outra obra sen o devandito trámite sempre adoita considerarse como inédita'”.

Con todo, Eduardo Estévez desbota a posibilidade de presentar un recurso contencioso administrativo contra a Deputación da Coruña.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río