PUBLICIDADE
Mércores, 14 de maio de 2008
Dúas cantareiras de Moscoso
'Ialma' galega no Teatro Molière de Bruxelas

Redacción .  O quinteto de música tradicional presenta este venres 9 de maio, ás 20.00 na capital belga, un espectáculo de danza titulado '100 voltas'.

 09.05.2008 | 11:12

Ialma
Ialma
Este proxecto aposta polo diálogo intercultural, dándolle a volta ao concepto "dar cen voltas", no sentido de "saber cen veces máis ca alguén": trátase de abrirse cara a outras culturas para "coñecer, apreciar e mesmo enriquecer" a nosa propia. Levan canda elas colaboracións moi especiais, como as de dúas cantareiras de 75 e 82 anos, Rosa e Aída, que viaxan por primeira vez a Bruxelas dende Moscoso (Pontevedra). O especialista en danza húngaro, Gabor Varga, o rapeiro galego El Puto Coke, e a cantante e bailarina tunesina Ghalia Benali son outras das voces da multiculturalidade que estarán presentes no escenario do Molière.

Ialma está integrado por cinco mulleres galegas afincadas en Bruxelas, e recolle dende hai anos o canto tradicional galego para transformalo cun estilo "persoal" en música "actual, festiva e sedutora". O seu primeiro disco, Palabras darei, foi gravado integramente a capella. Seguiulle Marmuladas, un encontro con músicos belgas, e o terceiro, e último, Nova Era, contén unha versión de "Under the bridge", dos Red Hot Chili Peppers, ("Lévame") que naceu espontaneamente durante unha cea no Touro Tolo, en Compostela, así como composicións propias.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264



Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
PDF  Descargar Tarifas


publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil